Monday 06 de May de 2024

Ordes acolleu o Campionato Galego de Taekwondo


 

Esta fin de semana máis de 200 taekwondistas participaron no Campionato Galego Sub-21 e cadete que tivo lugar no pavillón Castelao I de Ordes. O club local Boudsport foi o anfitrión desta cita na que tamén contou coa colaboración do Concello de Ordes. Os bos resultados do Boudsport deixáronse notar unha vez máis, quedando do seguinte xeito:

Ouros
Sara Soneira Balado, campioa galega – 51 Cadete

Daniel Mosquera Sánchez, campión galego – 80 Sub 21

Pratas
Mateo Boudjenane Liñares. Subcampión galego – 49 Cadete

Olaya Blanco Sánchez – 59. Subcampioa galega

Sara Gacio Cendal. Subcampioa galega – 57 Sub 21

Bronces
Álvaro Regueiro Caamaño – 74 Sub 21
Abril Viqueira Pose +59 Cadete
Alonso Rodríguez Mata – 41 Cadete
Christian Loureiro López – 53 Cadete
Pablo Figueira Marzoa – 61 Cadete.

Os clubs que participaron nesta ocasión foron: Natural Sport Sada, Natural Sport Riveira, Dobok, Garrapucho (A Coruña); Shu Sport, Ozono (Boiro); Kwon (Betanzos); Tk Denodo (Bertamiráns); Maniotas (Noia); Arte e Movemento (CEE); Boudsport (Ordes); Kaesport, Tao, As Sport (Vigo); Mats (Marín); Sares (Cangas); Mace Sport, Taekanart (Pontevedra); Hebe, Patiño (Moaña); Olimpic (Vilagarcía); Moo Duk Kwan, Valerics, (Vilalba); Neka (Monforte de Lemos); Couto, Be One-Ourense (Ourense).

Outras das entidades que contribuíron na celebración desta proba foron: Xunta de Galicia, Deporte Galego, Deputación da Coruña, Federación Galega de Taekwondo, Asociación de Taekwondistas da Comarca de Ordes e Sportec Ordes.